Site menu:

Español | Galego | English

Site search

Categorías

Etiquetas

Ver a listaxe definitiva de participantes (Carmina Burana)

Ver a listaxe definitiva de participantes a este concerto especial que terá lugar o próximo mes de maio, a xeito de inicio do Festival Mozart 2011.

Apellidos Nombre Sección
Abad Vidal Pedro Bajo
ABELLA SAN CLAUDIO Mª BENIGNA Contralto
ACUYO RUIZ MANUELA Soprano
Alkayali Freire María Soprano
ALVAREZ CHAPI ANA Soprano
Álvarez López María Cristina Contralto
Alvarez Rodriguez María Jesús Contralto
Arellano Gil María José Contralto
Ares Lago María Lorena Soprano
Ares Yañez Mª del Mar Contralto
Arias Méndez Rosa María Contralto
ARMAS ANGULO Luis Alberto Tenor
Azcárraga García Maria Jesús Soprano
Baamonde Lusquiños Mª del Pilar Soprano
Barreiro García Begoña Soprano
Barro López Maria Teresa Soprano
Bernal Gándara Isabella Contralto
BLANCO MARTINEZ MARIA Contralto
Blanco Moar Ángela Contralto
BLANCO MOAR MARIA Soprano
Cabaleiro González Carla María Soprano
Cabañas Díaz Begoña Contralto
CARRASCO GARCÍA ANA MARÍA Contralto
Carro Cabaleiro Mª Luísa Contralto
Casas Domínguez Iván Manuel Tenor
CELA LOJO LUCIA Contralto
Chouciño Iglesias Virginia Contralto
Conceiro Rúa Amalia Contralto
de la Paz de la Paz Francisco Tenor
DESCALZO DE LA TORRE MARTA Contralto
Diaz-Robles Brage Ana Maria Contralto
Díez Ponce Maria del Mar Soprano
Dominguez Fernandez Valentin Tenor
Domínguez Pérez María Soprano
Domínguez Rodríguez Elena Soprano
ESPIÑO MEILÁN MARIA JESUS Soprano
Fernández Rozada José Enrique Tenor
FONTECOBA CHAMADOIRA Mª DE LOS ÁNGELES Soprano
Galbán Rico Alfonso Bajo
Galbán Zaragoza María Contralto
GARCIA PEREZ ZAIDA Contralto
Garzón Fernández Lucía Johanna Contralto
Giagante Marcela Contralto
Gómez Fraga Montserrat Contralto
GONZALEZ DE CANALES CUBERO JUAN Tenor
GONZALEZ DE LEMA FERNANDEZ MARY PAZ Soprano
Gonzalez Gonzalez Mateo Bajo
Iglesias Salorio Xosé Tenor
Kehl Diaz Silvia Soprano
López Castro Ramón Orencio Bajo
Lorenzo Estévez Inés Soprano
Lozano López Concepción Contralto
Maseda Ferreiro Helena Rosario Soprano
Meléndrez Tapia Diana Contralto
Meléndrez Zincke Jaime Bajo
MESÍAS GONZÁLEZ MANUEL ALBERTO Tenor
Montero Ibáñez Fernando Tenor
Padín Vidal Alejandro Tenor
PALACIO MARTÍNEZ EVA Soprano
PAZOS TORAL INMACULADA Soprano
PENA CAMEAN JOSE MANUEL Tenor
Pérez Castro Victoria Contralto
Pérez Vega Manuel Bajo
Pousa Torres Rosario Soprano
Ratel Rouco Noelia Soprano
Real García Rafael Tenor
REGUEIRO LOUREDA AGUSTIN ROSENDO Tenor
Rey Campaña Daniel Bajo
Rivas Seijas Montserrat Contralto
Rodríguez García Fco. Javier Bajo
Romaní Parada María de los Angeles Contralto
Romero Borrajo Alba Soprano
SALGADO MARTINEZ INES Contralto
Sánchez Rodríguez Esther Contralto
Santamaría Olveira Susana Contralto
Seijoso Rey Nerea Contralto
SEQUERA Ojeda Jorge Bajo
SUÁREZ GARCÍA ANA EVA Contralto
Tajes García Ana Belén Contralto
TREVIN GONZALEZ Mª ISABEL Soprano
Troitiño García Rubén Bajo
Urdaneta Clavel Heberto Bajo
Valiño Rodríguez Nuria Contralto
Varela López Tania Soprano
Varela Vázquez Dolores Contralto
VEIGA GONZÁLEZ OLGA Contralto
Voces Álvarez Jael Soprano
Zuluaga Rodríguez Estíbaliz Contralto

Entrevista ao presidente do Consorcio para la Promoción de la Música e alcalde da Coruña, Javier Losada

Como presidente do Consorcio para la Promoción de la Música, que valoración fai da obtención do Premio Cultura Galega da Música?
É un recoñecemento máis a unha traxectoria de excelencia, a un proxecto cultural dos máis importantes, por non dicir o maior, que existe en Galicia; un proxecto consolidado e vivo que realiza, ademais, un impagable labor de difusión e mais de recuperación dos compositores galegos.

Este premio chega nun momento especialmente complexo, no que á conxuntura económica se refire. Neste contexto, é a cultura máis necesaria ca nunca?
Desde logo que si. Malia as actuais dificultades económicas, a cultura é un piar imprescindible do estado do benestar. A cultura non é un luxo nin un gasto, senón que é un investimento, unha necesidade social e débense facer os esforzos necesarios para preservar aqueles proxectos que, como a OSG, sexan ademais un sinal de identidade desta cidade.

O mestre Víctor Pablo Pérez resaltaba recentemente a aposta da cidade da Coruña a prol dun modelo cultural que inclúe unha complexa rede de museos, a consolidación do propio Consorcio para la Promoción de la Música… Contan vostedes, desde a administración, coa complicidade do sector privado ou é aínda a iniciativa pública a encargada de liderar este proxecto?
O desexable, e nese aspecto a OSG é un modelo para imitar, é a combinación de ambas as dúas iniciativas: a pública e mais a privada. Sempre desde o liderado institucional pero coa participación de grandes empresas que, precisamente pola súa importancia, saben que o investimento cultural lles supón unha rendibilidade social moi importante. Esta aposta e este modelo cultural deben ser tidos en conta por todas as administracións, algo que desgraciadamente deixou de ocorrer.

Achegar a cultura á cidadanía é un dos obxectivos que explican a creación deste Consorcio. Como valora a posta en marcha, no vindeiro mes de maio, do primeiro concerto participativo -Carmina Burana- destas características en Galicia?
É un proxecto magnífico que se suma a outras iniciativas que xa desenvolve a Sinfónica, como os concertos de verán en María Pita, que se converteron nunha das citas imprescindibles da nosa semana grande. A cidade sente a Sinfónica como algo propio, e iniciativas como esta contribúen a reforzar ese lazo.

Un desexo para o vindeiro ano…
Que a OSG siga a ser a mellor orquestra de España e o orgullo dos coruñeses grazas ao traballo de todos.

A OSG recibe o Premio da Cultura Galega nunha gala que tivo lugar en Santiago


A Orquestra Sinfónica de Galicia recolleu o pasado venres, 17 de decembro, o premio Cultura Galega da Música agradecéndolle a “esta comunidade tan xenerosa” un galardón que recoñece o compromiso “artístico e musical” que marcou o camiño seguido pola orquestra galega desde a súa fundación en 1992.

O xerente da OSG, Oriol Ponsa, recolleu o premio en nome de todos os integrantes do conxunto musical e no de Víctor Pablo Pérez, o seu director musical.

Ponsa destacou o “traballo feito ao servizo” da cultura galega, mentres que o director da Fundación Barrié de la Maza, Javier López Martínez -–premio ás Iniciativas a prol do Patrimonio Cultural— fixo fincapé na capacidade de xerar emprego na recuperación patrimonial e na necesidade de colaboración para este tipo de proxectos.

Na foto, Ponsa recibe o premio de mans do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e do presidente Núñez Feijóo.

Fuente OSG – Europa Press

A Michael Nyman Band e a OSG, protagonistas do concerto de reis da fundación barrié


A Fundación Barrié e Banco Pastor ofrecerán o 4 de xaneiro, na Coruña, como Concerto de Reis 2011 a actuación de Michael Nyman acompañado pola Orquestra Sinfónica de Galicia. O recoñecido pianista e compositor británico Michael Nyman ha de interpretar unha selección das súas máis coñecidas creacións para o mundo do cine, entre as que se atopa a banda sonora do filme “O Piano”, xunto ás composicións orquestrais “A dance he little thinks of” e “MGV” (Musique à Grand Vitesse). A Orquestra Sinfónica de Galicia será dirixida nesta ocasión por Josep Vicent, director artístico de La Orquesta del Mundo. A Fundación Barrié e Banco Pastor ofrécenlle este concerto ao público gratuitamente, previa retirada de invitacións a véspera do concerto na sede da Fundación da Coruña, a partir das 20.00 horas. Ademais, parte do aforo poderase reservar pola Internet, entre o 28 e o 30 de decembro en www.fundacionbarrie.org.

Para ler a nota de prensa completa, aquí.

Ver resumo de prensa sobre esta noticia, aquí.

Publicada para consultar a listaxe definitiva de participantes: Carmina Burana Participativo do Festival Mozart 2011

Xa dispoñible en liña desde o pasado venres, 17 de decembro.

Ver a listaxe definitiva de participantes a este concerto especial que terá lugar o próximo mes de maio, a xeito de inicio do Festival Mozart 2011.

A OSG recibe preto de 100 solicitudes para formar parte da súa Orquestra de Nenos

As solicitudes proveñen de toda a provincia da Coruña, pero tamén de Ourense, Lugo e Pontevedra. A maioría de aspirantes pasaron audición a pasada semana na Escola Municipal de Música da Coruña (cerca de 80); 9 en Culleredo (Conservatorio) e 10 en Ferrol (Conservatorio Xan Viaño).

Unha vez efectuada a selección polo Tribunal, os alumnos que superasen a audición poderanse matricular como alumnos na Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia.

As listaxes de admitidos ás probas e os resultados destas serán expostos de maneira pública no taboleiro de anuncios das Oficinas do Consorcio para la Promoción de la Música e mais na páxina web da OSG (www.sinfonicadegalicia.com). Poderase establecer a posibilidade de alumnos reservas entre os non admitidos. Todas as comunicacións cos aspirantes e os alumnos da ONSG se han de efectuar exclusivamente por correo electrónico.

Listaxe FINAL de admitidos para participar no ‘Carmina Burana’ participativo

Xuntamos a continuación a listaxe FINAL de admitidos para participar no ‘Carmina Burana’ participativo que terá lugar o vindeiro mes de maio, a xeito de concerto inaugural do Festival Mozart 2011.

Apelidos Nome Sección
Abad Vidal Pedro Bajo
ABELLA SAN CLAUDIO Mª BENIGNA Contralto
ACUYO RUIZ MANUELA Soprano
Alkayali Freire María Soprano
ALVAREZ CHAPI ANA Soprano
Álvarez López María Cristina Contralto
Alvarez Rodriguez María Jesús Contralto
Arellano Gil María José Contralto
Ares Lago María Lorena Soprano
Ares Yañez Mª del Mar Contralto
Arias Méndez Rosa María Contralto
ARMAS ANGULO Luis Alberto Tenor
Azcárraga García Maria Jesús Soprano
Barreiro García Begoña Soprano
Barro López Maria Teresa Soprano
Bernal Gándara Isabella Contralto
BLANCO MARTINEZ MARIA Contralto
Blanco Moar Ángela Contralto
BLANCO MOAR MARIA Soprano
Cabaleiro González Carla María Soprano
CARRASCO GARCÍA ANA MARÍA Contralto
Carro Cabaleiro Mª Luísa Contralto
Casas Domínguez Iván Manuel Tenor
CELA LOJO LUCIA Contralto
Chouciño Iglesias Virginia Contralto
Conceiro Rúa Amalia Contralto
de la Paz de la Paz Francisco Tenor
DESCALZO DE LA TORRE MARTA Contralto
Diaz-Robles Brage Ana Maria Contralto
Dominguez Fernandez Valentin Tenor
Domínguez Pérez María Soprano
Domínguez Rodríguez Elena Soprano
ESPIÑO MEILÁN MARIA JESUS Soprano
Fernández Rozada José Enrique Tenor
FONTECOBA CHAMADOIRA Mª DE LOS ÁNGELES Soprano
Galbán Rico Alfonso Bajo
Galbán Zaragoza María Contralto
GARCIA PEREZ ZAIDA Contralto
Garzón Fernández Lucía Johanna Contralto
Giagante Marcela Contralto
GONZALEZ DE CANALES CUBERO JUAN Tenor
GONZALEZ DE LEMA FERNANDEZ MARY PAZ Soprano
Gonzalez Gonzalez Mateo Bajo
Iglesias Salorio Xosé Tenor
Kehl Diaz Silvia Soprano
López Castro Ramón Orencio Bajo
Lorenzo Estévez Inés Soprano
Lozano López Concepción Contralto
Maseda Ferreiro Helena Rosario Soprano
Meléndrez Tapia Diana Contralto
Meléndrez Zincke Jaime Bajo
MESÍAS GONZÁLEZ MANUEL ALBERTO Tenor
Padín Vidal Alejandro Tenor
PALACIO MARTÍNEZ EVA Soprano
PAZOS TORAL INMACULADA Soprano
PENA CAMEAN JOSE MANUEL Tenor
Pérez Castro Victoria Contralto
Pérez Vega Manuel Bajo
Pousa Torres Rosario Soprano
Ratel Rouco Noelia Soprano
Real García Rafael Tenor
REGUEIRO LOUREDA AGUSTIN ROSENDO Tenor
Rey Campaña Daniel Bajo
Rivas Seijas Montserrat Contralto
Rodríguez García Fco. Javier Bajo
Romaní Parada María de los Angeles Contralto
Romero Borrajo Alba Soprano
SALGADO MARTINEZ INES Contralto
Sánchez Rodríguez Esther Contralto
Santamaría Olveira Susana Contralto
Seijoso Rey Nerea Contralto
SEQUERA Ojeda Jorge Bajo
SUÁREZ GARCÍA ANA EVA Contralto
Tajes García Ana Belén Contralto
TREVIN GONZALEZ Mª ISABEL Soprano
Troitiño García Rubén Bajo
Urdaneta Clavel Heberto Bajo
Valiño Rodríguez Nuria Contralto
Varela López Tania Soprano
Varela Vázquez Dolores Contralto
VEIGA GONZÁLEZ OLGA Contralto
Voces Álvarez Jael Soprano
Zuluaga Rodríguez Estíbaliz Contralto

Entrevista a Joan Company, director do coro da OSG


A propósito da posta en marcha do Carmina Burana participativo que abrirá o Festival Mozart 2011

FM: Unha vez realizada a preselección das voces, está sorprendido polo nivel dos candidatos? Poderán contar cun corpus vocal suficientemente homoxéneo? En que se baseou para escoller as voces?
JC: Unha gran maioría dos candidatos teñen ou tiveron algunha experiencia coral e isto resulta esperanzador. En canto ao equilibrio das cordas, acontece o que na actualidade é habitual: maioría ou predominio claro de voces femininas sobre as masculinas. Aínda así, a selección realizouse en función dos datos recibidos: da súa experiencia, ou non, vocal-coral e dos seus coñecementos musicais. Si nos resulta satisfactorio especialmente que se inscribisen participantes non só da cidade da Coruña senón tamén de moitos outros lugares de Galicia.

FM: Participou anteriormente en iniciativas deste tipo (convocatorias participativas)? Que retos presentan este tipo de concertos?
JC: Aquí, en Galicia, co Coro da OSG, e igualmente coa Coral Universidad de las Islas Baleares (da cal son director-fundador) colaborei en diferentes ocasións en proxectos deste tipo (Mesías de Haendel, a Novena de Beethoven, etc.) e sempre se converteron en ocasións excelentes para poder gozar de grandes masas corais, dirixidas por batutas de recoñecido prestixio. No caso deste Carmina Burana, debo apuntar que é a primeira vez que se realiza un proxecto autenticamente participativo en Galicia no cal contamos con participantes individuais. Coido que é unha ocasión excepcional para que moita xente que escoitou xa a Orquestra Sinfónica de Galicia se poida implicar nunha interpretación dunha maneira máis clara: isto é, cantando xunto á orquestra.

FM: Moi brevemente, fálenos da obra. Para aqueles que non a coñezan, como definiría vostede –a nivel estilístico– Carmina Burana?
JC: Coido que Carmina Burana é unha desas obras que todo o mundo coñece, se non integramente si algún fragmento que poden recoñecer a través de anuncios de televisión, etc. É unha obra que destila antigüidade –reminiscencias antigas, sen dúbida ningunha– pero que grazas á súa vivacidade rítmica, harmónica e, sobre todo, de timbre, se converte nunha obra actual e sedutora para este tipo de concertos participativos.

FM: Por último, que rol terán os coros de reforzo?
JC: Han de servir para lles axudar aos participantes e ao mesmo tempo realizarán un rol estereofónico. Van ser unha axuda importante para garantir que os participantes individuais non sufran ningún tipo de ‘medo escénico’. Trátase de contribuír á seguridade dos participantes individuais, que han de ser os auténticos protagonistas deste concerto.

Para consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos, facer clic aquí.

Ver calendario de próximas accións:
- Venres, 17 de decembro, publicación na páxina web do Festival do calendario DEFINITIVO de admitidos.
- Sábado, 22 de xaneiro, 11.30 / 13.30 horas, Primeiro ensaio (Palacio da Ópera da Coruña). Entregaráselles a partitura aos participantes.
- Sábado, 29 de xaneiro, 11.30 / 13.30 horas, Ensaio.

A Orquestra Sinfónica de Galicia, galardoada co Premio Cultura Galega da Música

A Xunta de Galicia concedeulle o Premio Cultura Galega da Música á Orquestra Sinfónica de Galicia, pola súa traxectoria de creación e expansión da música galega. A candidatura da OSG foi presentada pola Real Academia Galega de Belas Artes e por outros membros do xurado e foi aprobada este martes, 16 de novembro, por maioría.

Doutra banda, o pasado xoves, 25 de novembro, o director da Orquestra Sinfónica de Galicia, Víctor Pablo Pérez, recibiu a Medalla de Académico Correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes nun acto que se abriu cun concerto do Cuarteto Scherzo.

Con este nomeamento, a Real Academia Galega de Belas Artes quere recoñecerlle a Víctor Pablo Pérez —director titular da OSG desde 1993— “o importante labor levado a cabo ao longo de moitos anos na creación e consolidación de agrupacións orquestrais, merecendo unha mención moi especial ao seu traballo coa Orquestra Sinfónica de Galicia”.

Síguenos en Facebook e a través de Youtube

Se te queres sumar aos seguidores do Festival Mozart, pódelo facer a través das canles habilitadas para iso en Facebook e mais en Youtube.
Lembrámosvos os enderezos:

www.facebook.com/festivalmozart

www.youtube.com/festivalmozart