Abonos e localidades





VENTA DE ABONOS
Abonados do Festival Mozart
Os abonados na pasada edición do Festival Mozart da Coruña (2009) poderán renovar os abonos do 15 ao 20 de marzo de 2010. A renovación realizarase nas oficinas do Festival Mozart do Palacio da Ópera de 11 a 14 e de 17 a 20 horas de luns a venres, así como no Servizo de Venda de Entradas de Caixa Galicia no teléfono 902 43 44 43, en horario de 8 a 22 horas de luns a venres.
Cambios de Abonos
Os abonados que desexen cambiar a localización dos seus abonos poderano facer os días 24 e 25 de marzo de 2010 nos horarios habituais de venda de abonos, exclusivamente nas oficinas do Festival Mozart e segundo a dispoñibilidade.
Novos Abonados
Do 26 ao 31 de marzo e do 5 ao 9 de abril poñeranse á venda os abonos dispoñibles nas oficinas do Festival Mozart do Palacio da Ópera de 11 a 14 e de 17 a 20 horas de luns a venres, así como no Servizo de Venda de Entradas de Caixa Galicia no teléfono 902 43 44 43, en horario de 8 a 22 horas de luns a venres.
Descontos Especiais e/ou Promocións para Abonados ao Festival Mozart 2010 Descontos especiais por abonado dun só recinto (Palacio ou Teatro Colón): Desconto de 1€ na compra de ata catro entradas (1 por concerto) a escoller entre os 8 que teñen lugar, o Festival da Academia e/ou Festival do Mar ou regalo de 2 entradas para nenos da obra A pequena frauta máxica, condicionadas á compra dunha entrada de adulto.
Descontos especiais por abonado dos dous recintos (Palacio+Teatro Colón): Desconto de 2€ na compra de ata catro entradas (1 por concerto) a escoller entre os 8 que teñen lugar, o Festival da Academia e/ou Festival do Mar ou regalo de 2 entradas para nenos da obra A pequena frauta máxica, condicionadas á compra dunha entrada de adulto, e desconto de 2€ na compra de 1 entrada de 2 concertos dos ciclos anteriormente mencionados.
Estes descontos aplicaranse soamente ata que se esgoten as localidades. Os descontos especiais ou entrega das entradas para nenos da obra A pequena frauta máxica soamente se farán nas Oficinas do Festival Mozart ata o 9 de abril, e desde o 12 de abril e ata o 3 de maio faranse nas Oficinas da OSG.
Venda de Localidades
DESDE O 15 DE MARZO estarán á venda as localidades para todos os espectáculos agás os que estean incluídos no abono do Festival Mozart e os concertos de cámara do Festival da Academia e Festival do Mar e DESDE O 12 DE ABRIL estarán á venda as localidades para todos e cada un dos espectáculos do Festival Mozart que non fosen retiradas polo sistema de abono, excepto as localidades do Festival da Academia e do Festival do Mar, que se poderán adquirir o mesmo día do concerto desde unha hora antes do comezo deste.
As localidades en venda libre poderanse adquirir:
NA INTERNET no enderezo electrónico www.caixagalicia.es durante as vinte e catro horas do día.
POR TELÉFONO a través do Servizo de Venda de Entradas de Caixa Galicia no teléfono 902 43 44 43 ata 24 horas antes de cada espectáculo, en horario de 8 a 22 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.
NAS OFICINAS DO FESTIVAL MOZART, poderanse adquirir entradas para todos os espectáculos, os días que a continuación se relacionan:
16 de abril (de 19 a 23h.), 23 de abril (de 19 a 23h.), 24 de abril (de 19 a 22 h.), 30 de abril (de 19 a 23h.) e 1 de maio (de 11 a 14h.)
NO DESPACHO DE BILLETES de cada un dos recintos. Na véspera: Palacio da Ópera (11 a 14h. e 17 a 20h.) e Teatro Colón-Caixa Galicia (12 a 14h. e 18 a 21h.). O mesmo día da representación: Palacio da Ópera (11 a 14h. e de 17h. ata o comezo do espectáculo), Teatro Colón- Caixa Galicia (12 a 14h. e de 18h. ata o comezo do espectáculo), Academia de Belas Artes (de 19h. ata o comezo do espectáculo), Casa dos Peixes (de 19h. ata o comezo do espectáculo).
Formas de Pagamento
Tanto os abonos como as localidades poderanse pagar en efectivo ou con tarxetas de débito ou de crédito Visa ou Master Card.
Localidades de Visión Reducida
Pola configuración de ambos os dous teatros, as localidades da Zona C2 do Palacio da Ópera e de Principal A e B, no caso do Colón-Caixa Galicia, ofrecen unha visibilidade parcial do escenario.
Concertos de Entrada Libre
Os concertos que teñan lugar na Cidade Vella e na Casa das Ciencias son de entrada libre ata completar o aforo dispoñible. O número de espectadores limitarase en función do aforo do recinto.
Aviso Importante
Todos os programas, datas e intérpretes do FESTIVAL MOZART A CORUÑA 2010 son susceptibles de modificación. En caso de suspensión dalgún dos espectáculos programados, devolveráselles aos abonados a parte que lles corresponda do prezo do abono adquirido e ao público en xeral o importe do prezo da localidade. A devolución farase efectiva cinco días despois da cancelación do espectáculo no lugar onde foi adquirida a localidade, previa entrega da localidade en bo estado. A suspensión dun espectáculo, non así o seu adiamento, será a única causa admitida para a devolución do importe das localidades. Recoméndase conservar con coidado as localidades, pois non será posible a súa reposición en caso de perda, deterioración ou destrución. Non se atenderá ningunha reclamación unha vez retiradas as localidades ou abonos do despacho de billetes.
