Site menu:

Español | Galego | English

Site search

Categorías

Etiquetas

Tag: OSG

A OSG recibe o Premio da Cultura Galega nunha gala que tivo lugar en Santiago

A Orquestra Sinfónica de Galicia recolleu o pasado venres, 17 de decembro, o premio Cultura Galega da Música agradecéndolle a “esta comunidade tan xenerosa” un galardón que recoñece o compromiso “artístico e musical” que marcou o camiño seguido pola orquestra galega desde a súa fundación en 1992.
O xerente da OSG, Oriol Ponsa, recolleu o [...]

A Michael Nyman Band e a OSG, protagonistas do concerto de reis da fundación barrié

A Fundación Barrié e Banco Pastor ofrecerán o 4 de xaneiro, na Coruña, como Concerto de Reis 2011 a actuación de Michael Nyman acompañado pola Orquestra Sinfónica de Galicia. O recoñecido pianista e compositor británico Michael Nyman ha de interpretar unha selección das súas máis coñecidas creacións para o mundo do cine, entre as que [...]

A OSG recibe preto de 100 solicitudes para formar parte da súa Orquestra de Nenos

As solicitudes proveñen de toda a provincia da Coruña, pero tamén de Ourense, Lugo e Pontevedra. A maioría de aspirantes pasaron audición a pasada semana na Escola Municipal de Música da Coruña (cerca de 80); 9 en Culleredo (Conservatorio) e 10 en Ferrol (Conservatorio Xan Viaño).
Unha vez efectuada a selección polo Tribunal, os alumnos que [...]

Entrevista a Joan Company, director do coro da OSG

A propósito da posta en marcha do Carmina Burana participativo que abrirá o Festival Mozart 2011
FM: Unha vez realizada a preselección das voces, está sorprendido polo nivel dos candidatos? Poderán contar cun corpus vocal suficientemente homoxéneo? En que se baseou para escoller as voces?
JC: Unha gran maioría dos candidatos teñen ou tiveron algunha experiencia coral [...]

A Orquestra Sinfónica de Galicia, galardoada co Premio Cultura Galega da Música

A Xunta de Galicia concedeulle o Premio Cultura Galega da Música á Orquestra Sinfónica de Galicia, pola súa traxectoria de creación e expansión da música galega. A candidatura da OSG foi presentada pola Real Academia Galega de Belas Artes e por outros membros do xurado e foi aprobada este martes, 16 de novembro, por maioría.
Doutra banda, [...]

Preto de 150 inscricións ao Carmina Burana participativo que abrirá o Festival Mozart 2011

Por primeira vez en Galicia, e grazas ao Festival Mozart, o vindeiro mes de maio terá lugar unha proposta participativa de gran calado: a inauguración dunha nova edición do encontro coruñés a cargo das voces dos cantantes inscritos ao Carmina Burana participativo.
Ao longo dos meses que durou o período de inscricións, foron cerca de 150 [...]

Andreas Staier cerrará o vindeiro sábado a súa residencia no Festival Mozart 2010 coa OSG e o director Jaime Martín

O pianista alemán, Andreas Staier, cerrará a súa participación no Festival Mozart 2010 o vindeiro sábado, 12 de xuño, ás 21 horas, no Teatro Colón Caixa Galicia, cun último (e terceiro) concerto, nesta ocasión en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Jaime Martín.

Jaime Martín, director
O programa do concerto inclúe a audición das [...]