Maio
L M M X V S D
            01
02 03 04 05 06 07 08
09 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          
 
Xuño
L M M X V S D
    01 02 03 04 05
06 07 08 09 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

 

Español | Galego | English


A OSG cerra co oratorio Paulus de Mendelssohn o Festival Mozart 2011

O concerto tivo lugar o pasado sábado, 25 de xuño, no Palacio da Ópera da Coruña. O titular a Orquestra Sinfónica de Galicia, Víctor Pablo Pérez, dirixiu as voces da soprano Letizia Scherrer, da mezzo Anna Alàs, do tenor Rufus Müller e mais do baixo José Antonio López, xunto ao prestixioso Cor de Cambra do Palau de la Música Catalana (cuxo director é Jordi Casas-Bayer) e os Nenos Cantores da Sinfónica de Galicia (José Luis Vázquez, director).

Poden lembrar, consultando o arquivo de imaxes, os principais eventos do Festival Mozart a través do Flickr do Festival, e recuperar os vídeos máis destacados da presente edición grazas ao seu propio Canal Youtube.

Novos vídeos:

La clemenza di Tito OSG Jazz Band
- Video 1 

- Video 2 (fragmento)

- Video 3

- Video 1 

- Video 2

- Video 3

Sigan toda a actualidade relacionada co Festival Mozart a través da súa páxina web oficial e das súas principais canles de información. Actualizacións periódicas, inscricións ao newsletter, información sobre as emisións dos concertos e acceso ao histórico de noticias da edición de 2011…

Ver histórico de newsletters do Festival Mozart 2011.

 

EN NOME DO CONSORCIO PARA LA PROMOCIÓN DE LA MÚSICA AGRADECÉMOSLLES A SÚA ATENCIÓN E CONVIDÁMOLOS A SEGUIR INFORMADOS A TRAVÉS DAS PÁXINAS WEB WWW.SINFONICADEGALICIA.COM E WWW.FESTIVALMOZART.COM

© Fotos: Miguel A. Fernández

 

O Festival Mozart programa o oratorio ‘Paulus’ do alemán Felix Mendelssohn a xeito de clausura da presente edición do encontro

© Josep Molina

Apunta o musicólogo e crítico Jorge de Persia no seu artigo sobre Paulus, Op. 36 (recollido no libro-catálogo oficial do Festival Mozart 2011) que este oratorio ‘reúne elementos que en termos de metáfora e algo máis, se poden vincular á vida de Felix Mendelssohn’. (…) ‘Paulus –continúa De Persia– ten un argumento baseado na conversión de Saulus de Tarsos no misioneiro cristián Paulo, e fálanos de moitas das preocupacións persoais do autor –ademais da historia estritamente relixiosa– e tamén establece unha relación co noso tempo’, afirma.

Paulus, Op. 36, o primeiro oratorio de Mendelssohn, chega ao Festival Mozart o vindeiro sábado, 25 de xuño, nunha única representación ás 21 horas, no Palacio da Ópera, baixo a dirección do mestre Víctor Pablo Pérez, quen xa expuxo na entrevista que lles ofrecemos ao inicio do encontro coruñés que esta obra chega nun momento de madureza para a Orquestra Sinfónica de Galicia.

A interpretación deste oratorio significará a suma das voces solistas de Letizia Scherrer (soprano) e Anna Alàs (mezzo), así como do tenor Rufus Müller e do baixo José Antonio López. Acompañarán a solistas e orquestra o Coro de Cámara do Palau de la Música Catalana, cuxa dirección recae nas expertas mans de Jordi Casas-Bayer, e a intervención, cun interno incluído, dos Nenos Cantores da Sinfónica de Galicia, que dirixe José Luis Vázquez.

Novas actualizacións no canal Youtube do Festival

© Miguel Á. Fernández

Xa dispoñibles no Youtube do Festival Mozart os vídeos correspondentes á representación, no semi escénico asinado por Marco Carniti, de ‘La clemenza di Tito’ de Mozart, con Fabio Biondi, a Real Filharmonía de Galicia e as voces solistas de Lucia Cirillo e Véronique Gens. Igualmente, xa se poden consultar os vídeos correspondentes á actuación da Orquestra de Mulleres da OSG (concerto en Betanzos), baixo a dirección de Lucica Trita, e proximamente, os vídeos da OSG Jazz Band que lidera o contrabaixista Risto Vuolanne…

Vídeos recomendados:

La clemenza di Tito
- Come ti piace imponi
- Se’all impero, amici
- Ah grazie si rendano
- Non più di fiori vaghe catene Che del ciel, che degli Dei

Orquestra de Mulleres da OSG
- Rondó para violín da Serenata nº 7, K 250
- Octeto op. 20
- Sonata para cordas nº 1, en sol maior I Moderato

As citas da semana

O Festival Mozart A Coruña 2011 finaliza esta semana con dúas actividades. A primeira delas, o vindeiro venres, 24 de xuño, ás 21.30 horas, terá lugar no restaurante Alborada: cea temática Paulus, coa asistencia do mestre Víctor Pablo Pérez e dos principais solistas deste grande oratorio romántico. Inscricións directamente no restaurante, dentro do ciclo ‘Maridaxe Música & Gastronomía’.

E, por último, baixo a dirección de Víctor Pablo e coa presentación do Coro de Cámara do Palau de la Música e dos Nenos Cantores, a Orquestra Sinfónica de Galicia poñeralle fin á edición 2011 do Festival Mozart coa interpretación de Paulus, o grande oratorio romántico de Felix Mendelssohn no concerto de clausura que terá lugar o sábado, 25 de xuño no Palacio da Ópera da Coruña ás 21 horas. A soprano Letizia Scherrer, a mezzo Anna Alàs, o tenor Rufus Müller e o baixo José Antonio López daranlles voz ás diferentes personaxes bíblicas na narración da conversión de san Paulo, que pasou de perseguir os seguidores de Cristo a se converter nun deles.

Fabio Biondi: ‘Desde o punto de vista dramatúrxico, “La clemenza” é superior á obra “A frauta máxica”’

© Ana de Labra

A propósito de ‘La clemenza di Tito’

O director e violinista nado en Palermo dirixirá a proposta operística de maior envergadura da presente edición do Festival Mozart. ‘La clemenza di Tito’, en versión semiescénica (premiada en el año de su estreno como la mejor ópera del Teatro Real de Madrid), hase de representar o vindeiro sábado, 18 de xuño, no Palacio da Ópera. Co gallo desta produción, Biondi reflexiona brevemente sobre a partitura mozartiana e a función que terá lugar na Coruña, xunto á Real Filharmonía de Galicia.

Participou na edición do ano 2000 do Festival Mozart (director e solista), con dous concertos. O público coruñés reencontrarase con vostede máis dunha década despois, levando a cabo unha obra destacada do repertorio operístico. Que aspectos definen a partitura de La clemenza di Tito?
Trátase dunha ópera fondamente madura, composta por un Mozart especialmente inspirado e en absoluto “canso”, como se suxeriu nalgunhas ocasións. Desde o punto de vista dramatúrxico é incluso máis coherente que ‘A frauta máxica’ que, aínda que de indubidable beleza, é unha ópera de encarga. Mozart prestoulle unha atención moi particular á partitura de La clemenza, que ao final do primeiro acto inclúe, na miña opinión, o verdadeiro réquiem. Non sorprende, xa que logo, que fose a máis representada nos anos posteriores á morte de Mozart.

Dirixirá vostede a Real Filharmonía de Santiago. Traballou anteriormente con esta formación?
Non, vai ser esta a primeira vez.

A súa Clemenza será o único semistage do Festival. Resulta válido este formato –o da semi representación– en momentos difíciles economicamente falando como os actuais?
A súa validez depende da forza e mais da intensidade do espectáculo que se ofrece. Non creo, neste sentido, que o formato sexa tan determinante. O que fai realmente salientable unha produción, do tipo que sexa (escénica, de concerto, de cámara…) é a súa calidade. Este debería ser o único parámetro para ter en conta.

En relación coa semi representación, non considero que implique ningún hándicap, soamente hai que considerar que, sendo os elementos á disposición moito máis etéreos e filtrados, cómpre que o director de escena dea co seu traballo unha explicación moi clara dos contidos dramatúrxicos da obra. En todo caso, resulta un maior reto para el.

Brevemente, e ante un cast realmente considerable, que aspectos remarcaría en relación cos roles principais –interpretados por Lucia Cirillo e Véronique Gens–?
Malia tratarse dunha ópera seria, estes son dous papeis cun fondo contido humano. Non se trata dunha cousa finxida, artificiosa, senón que ambas as dúas personaxes son a expresión de sentimentos humanos reais, dous aspectos da emotividade masculina e feminina.

Segue vostede moi activo impulsando os seus propios proxectos e, igualmente, á fronte da súa prestixiosa Europa Galante. Pódenos avanzar en que está a traballar na actualidade?
Con Europa Galante temos sempre moitos proxectos entre mans, tanto instrumentais coma vocais. Actualmente estamos a preparar unha ópera de Vivaldi L’oracolo in Messenia e unha ópera de Veracini, L’ Adriano in Siria, ademais dunha serie de concertos con La foresta incantata de Geminiani, na cal estamos coordinando e complementando o propio proxecto musical cun proxecto audiovisual.

Partindo da súa experiencia no campo da música barroca, comparte a opinión de que este xénero está a vivir unha época especialmente brillante, no que a número e calidade de grupos se refire?
Seguramente. Trátase dun repertorio que se puxo de moda, dándonos a gran satisfacción de sermos tamén seguidos por un público mozo.

Marta Mathéu / Pilar Vázquez / Maurizio Muraro / Véronique Gens / Lucia Cirillo / Shawn Mathey

Presentación na Coruña da Orquestra de Mulleres da OSG e da OSG Jazz Band


© Miguel Á. Fernández

Esta semana terán lugar no Teatro Colón os concertos de presentación das dúas novas formacións creadas no marco do Festival Mozart 2011 coa vontade de recoller as iniciativas e inquietudes dos músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia.

En relación coa Orquestra de Mulleres da OSG, que conta co impulso da súa directora e concertino Lucica Trita, presentarase na Coruña o vindeiro martes, 14 de xuño, ás 21 horas, cun concerto que inclúe a interpretación de obras de Corelli, Mozart, Rossini ou Mendelssohn.

Pola súa banda, a OSG Jazz Band que lidera o contrabaixista Risto Vuolanne darase a coñecer ao público coruñés despois dun primeiro concerto que tivo lugar o pasado domingo nas Pontes. A cita terá lugar o vindeiro venres, 17 de xuño, ás 21 horas, de novo no Teatro Colón. O repertorio da OSG Jazz Band está composto por diversos estándares do jazz, entre os cales salientan clásicos do xénero como ‘Perdido’ ou ‘Don’t get around much anymore’, entre outros.

Vídeo recomendado:
- OSG Jazz Band

Próximas citas do Festival Mozart (A Coruña e Vimianzo)


A continuación relacionamos as citas do Festival Mozart programadas ao longo desta semana.

Martes, 14 de xuño, ás 21 horas, no Teatro Colón: Orquestra de Mulleres da OSG

Venres, 17 de xuño, ás 21 horas, no Teatro Colón: OSG Jazz Band

Venres, 17 de xuño, ás 21.30 horas, cea temática ‘La clemenza di Tito’ no restaurante Alborada, coa asistencia dos principais solistas e do director Fabio Biondi

Sábado, 18 de xuño, ás 20 horas, no Palacio da Ópera da Coruña, ‘La clemenza di Tito’ de W. A. Mozart. Coa Real Filharmonía de Galicia

Domingo, 19 de xuño, ás 20 horas, na Casa da Cultura de Vimianzo, concerto da OSG Jazz Band

Podes seguir o día a día do Festival a través de todas as súas plataformas online.

Os ciclos ‘Festival na Academia’ e ‘Festival no Mar’ presentan esta semana os seus últimos concertos


Quinteto de Solitas da OSG nunha actuación do Festival Mozart 2010 – © Miguel Á. Fernández

Despois de dúas semanas de intensa actividade no Palacio da Ópera, o Festival Mozart A Coruña programa para esta semana dúas citas ineludibles coa música de cámara grazas á organización dos concertos na Academia de Belas Artes e na Casa dos Peixes, respectivamente. Ambas as dúas citas cerran os ciclos ‘Festival na Academia’ e ‘Festival no Mar’ deste 2011.

A primeira proposta chega de mans do Quintento formado por Casey Hill (óboe), Iván Marín (clarinete), Steve Harriswangler (fagot), Miguel Ángel Garza (trompa) e Alicia González Permuy (piano). Este conxunto ha de interpretar o programa titulado ‘Quintetos en mi bemol’ o vindeiro xoves, 9 de xuño, ás 20.30 horas, na Real Academia Galega de Belas Artes.

Xusto o día seguinte, o Quinteto de Solistas da OSG, formado por Claudia Walker (frauta), Casey Hill (óboe), Juan Antonio Ferrer (clarinete), Steve Harriswangler (fagot) e David Bushnell (trompa) cerrarán o ciclo ‘Festival no Mar’ cun concerto titulado ‘De Mozart a Beethoven: Danzi’, que inclúe a interpretación dos quintetos número 2 en mi menor, op. 67; número 3 en mi bemol maior, op. 67; número 1 en la maior, op. 68 e número 3 en re menor, op. 68 do compositor Franz Danzi. Como o resto de concertos levados a cabo no Aquarium Finisterrae, de modo posterior ao concerto (e incluído no prezo da entrada ao concerto, que é de 5 euros) terá lugar unha visita guiada a diversas zonas da Casa dos Peixes.

Aínda hai dispoñibles entradas para ambos os dous concertos (venda anticipada limitada; venda libre o mesmo día do concerto, unha hora antes, nas respectivas sedes da RAGdBA e do AF).

Grande éxito de público e crítica da obra ‘O lago dos cisnes’ do Corella Ballet CyL


© Miguel Á. Fernández

O Festival Mozart A Coruña presentou por primeira vez unha proposta de ballet clásico que conseguiu seducir de xeito unánime público e crítica.

A nova compañía liderada por Ángel Corella realizou dúas funcións de éxito da obra ‘O lago dos cisnes’ a pasada fin de semana, no Palacio da Ópera, nas que lles ofreceu ao público coruñés unha proposta de calidade que revisita o clásico creado por Petipa e Ivanov. Especialmente ovacionada foi a Orquestra Sinfónica de Galicia, na asunción deste novo reto que superou con éxito grazas á especializada dirección do ucraíno Alexei Baklan.

De xeito previo a ambas as dúas funcións, o bailarín e coreógrafo Ángel Corella realizou unha interesante master class na sede do Centro Coreográfico Galego na cal repasou as características básicas das principais escolas de danza, a modo de guía útil para os mozos bailaríns, entre os cales se contaban xa diversos profesionais. O amplo seguimento de todas estas actividades (que xa comezaron hai uns meses cunha master class impartida por Corella no Conservatorio de Danza coruñés) fai evidente o interese que tamén esta disciplina esperta entre o público.

E salientamos tamén a boa canteira de artistas que Galicia lle achega á danza, entre as cales debemos remarcar a coruñesa Carla López, que interpretou un dos roles principais da obra ‘O lago dos cisnes’ e que forma parte do Corella Ballet Castilla y León.

El Festival Mozart A Coruña ha presentado por primera vez una propuesta de ballet clásico que ha conseguido seducir de manera unánime público y crítica.