Maio
L M M X V S D
            01
02 03 04 05 06 07 08
09 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          
 
Xuño
L M M X V S D
    01 02 03 04 05
06 07 08 09 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

 

Español | Galego | English

GRUPO INSTRUMENTAL SIGLO XX

FESTIVAL EXPRESO

venres, 10 xuño 2011
CARBALLO

 

sábado, 11 xuño 2011
FERROL

domingo, 22 maio 2011 – 19 h.
TEATRO COLÓN, A Coruña

 

Johann Strauss (fillo)
Wein, Weib und Gesang (Viño, mulleres e cancións), op. 333
(Instrumentación de Alban Berg para cuarteto de cordas, harmonium e piano)

Johann Strauss (fillo)
Schatzwaltzer (Valse do tesouro), op. 418
(Instrumentación de Anton Webern para cuarteto de cordas, harmonium e piano)

Johann Strauss (fillo)
Rosen aus dem Süden (Rosas do Sur), op. 388
(Instrumentación de Arnold Schönberg para cuarteto de cordas, harmonium e piano)

Johann Strauss (fillo)
Lagunen Walzer (Valse das lagoas), op. 411
(Instrumentación de Arnold Schönberg para cuarteto de cordas, harmonium e piano)

Arnold Schönberg
Weihnachtmusik (Música de Nadal)
(para dous violíns, violonchelo, harmonium e piano)

Arnold Schönberg
Die eiseme Brigade (A brigada de hierro)
(para cuarteto de cordas e piano)

GRUPO INSTRUMENTAL SIGLO XX
Dorothea Nicholas, violín
Raymond Arteaga, viola
Ruslana Prokopenko, violonchelo
Ayako Zemba, piano
Yulia Konarzewska, harmonium
Jesús Quiroga, Eva Faraldo, Ana Belén Ferreiro, bailaríns
violín e dirección, Florian Vlashi

Schönberg fundou, en 1919, a Sociedade Privada de Concertos (ou Sociedade Privada para a Interpretación Musical para sermos máis exactos) na que foron tamén moi activos Alban Berg e Anton Webern. Creouse como asociación privada para poder presentar libremente, sen ataduras nin atrancos de ningún modo, a música que concibían interesante: de Mahler en adiante. A Sociedade tiña unhas normas moi estritas como, por exemplo, a prohibición de acceso ao público (unicamente socios e –rara vez– algún convidado), a habitual non-publicidade dos concertos (para que os asistentes, ao descoñeceren o programa, asistisen sen prexuízos previos), a prohibición de aplaudir ou de amosar aprobación ou desaprobación (para non influír no resto de asistentes), a prohibición de asistencia –obviamente– dos críticos (para evitar manipulacións posteriores).  A Sociedade organizou, antes da súa desaparición por falta de cartos, un total de 133 concertos.